A Secretaría Xeral do Mar achéganos a segunda proposta de modificación da RPT desa consellaría para tratar na xuntanza coas organizacións sindicais convocada para o venres 12 de novembro. A negociación inicial da modificación desta RPT dera comezo en maio pero quedara parada, pois incluía uns pluses de persoal laboral cos que a Dirección Xeral de Orzamentos da Consellaría de Facenda non estaba dacordo. En concreto, para o persoal de laboratorio, cociña e non docente dos centros desta consellaría, había un acordo da época do bipartito acadado desde o comité de empresa de Pontevedra no que se comprometían estes pluses. 

Hai que aclarar que estes non supoñen incremento do capítulo I, pois xa están orzamentados dende anos anteriores. Porén, a Dirección Xeral de Orzamentos devolveu o proxecto argumentando, entre outras cousas, que a súa negociación sobrepasaba as atribucións dun comité de empresa.

A Consellería decidiu comezar de novo as reunións cos representantes sindicais, e a CIG-Autonómica solicitou no seu momento unha entrevista co secretario xeral para axilizar esta modificación. Hai que ter en conta que o concurso de administración especial está pendente, entre outras, da aprobación da nova RPT desta consellaría. Todo o anterior non impidía a sua publicación, dado que xa foi negociada sin incluir o dos pluses, así que agardamos que a partir do venres a súa tramitación se axilice.

Descargar a nova proposta

Informe da DX de Orzamentos

Opina nos foros