Para acceder á consulta das puntuacións provisionais hai que ir ao seguinte enlace web. Dende alí podedes facer dous tipos de consultas:

- Cubrindo todos os campos (NIF, Concurso, Ano), accededes á vosa puntuación para cada un dos postos que pedides (pode ser diferente se se valoran méritos específicos)

- Cubrindo só o campo Concurso e Ano, co cal accededes á listaxe de postos ofertados. Se picades no número de cada un tedes unha lista de persoas ordeada pola súa puntuación de maior a menor para cada posto en concreto.

Para facilitar a comprobación da puntuación, desde a CIG-Autonómica facilitámosvos un modelo de autobaremo para a comprobación individual da puntuación no concurso. Podedes descargalo aqui.

As persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte aoda publicación da resolución no DOG (10/11/2010)