Novas por contido

Solucións para o persoal laboral ou funcionario, que por motivo de saúde sexa declarado apto para o seu posto de traballo pero con restricións funcionais parciais.

O que procede, nun primeiro momento, será a adecuación do posto de traballo a estas limitacións parciais, de xeito que oa persoas traballadora poida exercer as súas responsabilidades e que a Administración altere os medios  que faciliten o desenvolvemento das funcións inherentes  á súa categoría profesional. Estas limitacións parciais non poden ser motivación suficiente para a declaración da persoa traballadora en situación de incapacidade permanente total co abandono do seu posto de traballo.

Desenvolvemento da segunda actividade para aqueles colectivos que así o teñen recollido no seu regulamento ou no convenio.

Acordo de participación en materia de Prevención de Riscos Laborais


Dende a CIG-Autonómica instamos á Xunta de Galicia para que publique o Acordo, xa que é a excusa pola que non se están a convocar os comités de seguridade. CSIF é a responsable de paralizar a sinatura do mesmo, por discrepancias nun delegado de prevención,  cando votou a favor na Mesa Xeral e na Comisión de Persoal.

Asignacións de competencias nos Plans de Acción.

A Mutua propón que as datas de cumprimento das medidas correctoras as establezan as persoas responsables dos centros ou departamentos, para acadar unha maior implicación.

A experiencia nos demostra que os malos resultados en prevención de riscos non son consecuencia da fixación de datas, senón da falta de interese das persoas responsables da Administración en cumplir co establecido na LPRL. A CIG-Autonómica considera que se deben establecer canles que responsabilicen e visualicen os incumprimentos en materia de prevención. Polo tanto, solicitamos que se elabore e se faga entrega dun informe de cumprimento das Medidas correctoras dos Plans de Acción nos centros ou departamentos.

Varios.

A CIG-Autonómica insta a que dende o Comité Intercentros se adopten as medidas para que feitos como os que levaron a que as delegadas e delegados de prevención do CSS de Incendios e Medio Rural decidiran non entrar ás reunións  en sinal de protesta, non se volvan a repetir.

Asi mesmo, requirimos a coordenación entre  comités, tal e como recolle a Lei, na protección e prevención dos riscos laborais e a información os respectivos traballadores e traballadoras,  entre a Consellería de Medio Rural e SEAGA.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.