Dende a Secretaría Xeral de Medio Rural informásenos que na nómina do mes de decembro van abonar a nocturnidade correspondente ao ano 2010 ao persoal laboral dos Servizos de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Están pendentes de recibir por parte das xefaturas dos Distritos Forestais as certificacións de todo o persoal para logo facer o cálculo da cantidade a ingresar. Polo que respecta aos anos 2008 e 2009, comunicouse que só se fará o pagamento do ano 2009 para as persoas que presentaran no seu día a reclamación previa. Deste xeito están aforrando cartos, dado que non todo o persoal do SPDCIF presentou reclamación previa nos anos mencionados. Xa que logo, cos euros que se aforran dos anos 2008 e 2009 pagan o 2010.

Con relación á nocturnidade do 2011, Medio Rural vai convocar ás organizacións sindicais a partir de xaneiro para tratar como van realizar o seu pagamento. Teñen dificultades, según o secretario xeral, nos Distritos Forestais para levar o cálculo puntual, polo que a data de hoxe, ven inviábel o pagamento mes a mes, motivo polo cal estudaránse outras alternativas. As dificultades ás que fai mención Medio Rural son que ás veces non anotan as incidencias, tales como prolongación de xornada, no programa de quendas, consecuentemente non dispoñen de datos reais. Outra dificultade coa que se atopan é que as nóminas péchanche normalmente día 4 ou 5 de cada mes, tendo apenas marxen de maniobra de cara ao pagamento da nocturnidade no mes.

En fin, teñen intención que pagar o ano 2010 cos cartos que se aforran pola non presentación de reclamacións previas por parte dos traballadores e traballadoras dos anos 2008 e 2009.