Despois de ter solicitadas varias reunións coa Consellaría de Educación para abordar diversos temas, o pasado xoves mantivemos unha entrevista sobre os seguintes temas.

  • Persoal Coidador e comedores que non son de xestión directa da Administración: pódese chegar a unificar os criterios nas distintas provincias para regulamentar o papel do persoal coidadore respecto ao Plan Madruga e os comedores que non son de xestión directa por parte da Administración, caterings, etc.

  • Profesores de relixión e comités de empresa de peroal laboral Xunta: pódese chegar a excluir aos profesores de relixións do ámbito electoral do comité de Educación e que teñan o seu propio comité. Na CIG consideramos que a problemática específica deste colectivo, o estar fora do V Convenio, as particularidades da súa función docente, etc fai que non teñan cabida dentro do comité de Educación e que se distorsione a dinámica de traballo e a representatividade destes comités.

  • Terra de Ferrol-Souto de Leixa e Santiago Apóstol: Comunicamos á consellaría que de non dar marcha atrás no seu afan privatizador intensificaremos a loita e as mobilizacións contra a privatización destes servizos públicos. Tanto no Santiago Apóstol, que pasará a principios de ano á consellaría, como no Terra de Ferrol-Souto de Leixa, a idea, para Educación vai ser a de adecuar o persoal existente á demanda de servizos. Se non hai usuarios dos centros haberá que modificar as RPT's o que vai supoñer , unha vez máis, a amortización de prazas, coa consecuente recolocación do persoal laboral fixo e o despedimento do persoal laboral temporal. Despois da división dos centros e de derivar aos nenos a centros privados queda claro que a intención do PP é facer minguar os servizos públicos e facilitar o negocio a empresas privadas.