Novas por contido

Aos paróns e irregularidades que sufriu este proceso selectivo, continúa a manterse na actualidade o lento desenvolvemento da lectura do segundo exercicio. Esto pode dificultar o remate e toma de posesión ao mesmo tempo que o resto de procesos selectivos dos corpos xerais da OPE 2008.

A CIG-Autonómica, recollendo as queixas das persoas participantes no proceso selectivo do A1 consolidación, vén de instar á Función Pública que:

  • Dispoña os medios materiais e humanos precisos para a axilización da lectura deste segundo exercicio, facendo as lecturas diarias que sexan necesarias, mesmo en xornada completa, para garantir que este proceso selectivo estea rematado cando o resto de corpos xerais da mesma OPE.

  • Dada a rotación do tribunal, se garanta que os criterios de corrección e puntuación son os mesmos, con independencia dos membros do tribunal que están presentes durante a sesión para facer o quorum.

  • En todo caso, e dada a pouca obxectividade que supón a lectura pública por coñecer a identidade da persoa opositora, se elimine este sistema de avaliación das vindeiras convocatorias públicas desta administración.

Foron moitas as queixas que recibimos por parte das persoas participantes neste proceso. Agora mesmo, destas queixas seguen sen amañarse o seguinte:

  • O terrible atraso que se está a producir no desenvolvemento da lectura do segundo exercicio: a lectura deste exercicio comezou en febreiro deste ano e actualmente levan lido 186 persoas de 360. A ese ritmo e facendo unha estimación,  o proceso de lectura remataría en pleno mes de agosto. Temos que ter tamén en conta que despois aínda quedaría o exercicio de galego e máis a fase de concurso. Actualmente o tribunal está a convocar a 4 persoas/día, a partir das 16:30h de luns a xoves. Por termo medio, cada lectura vén durando un período de media hora e  nalgún caso tamén se produce a non presentación da persoa candidata. É frecuente tamén a falta de puntualidade no comezo da proba sendo   normalmente ao redor das 17.00h. Deste xeito, nalgunha ocasión o período real de duración da proba nalgún día ten durado de 17.00h a 18.30h. Tamén é frecuente que nalgunha semana as lecturas non sexan todos os días da semana, máis aló de que coincidan ou non cun día festivo.

  • A rotación dos membros do tribunal titular cos do tribunal suplente para a súa valoración. Está previsto que os membros titulares do tribunal sexan substituídos polos suplentes en caso de ausencia (aínda que Función Pública podería acordar a substitución de membros no caso de ausencia continuada), pero formalmente, se polo número de opositores se pode prever unha carga de traballo excesiva para o bo funcionamento do tribunal, o que deberon facer é nomear tribunais colaboradores, por proposta do tribunal titular, quedando ao cargo deste a coordinación dos criterios de valoración das probas. Esta coordinación de criterios evitaría o que xa se deu no proceso de libre do mesmo corpo, detectándose variacións evidentes entre as notas das persoas en función da persoa titular que ostentara a presidencia.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...