A primeiros do 2008, a CIG comezou os primeiros movementos para a posta en marcha dun novo web. Eses primeiros movementos consistiron en solicitar dos responsabeis políticos a apertura do noso dominio á rede corporativa da administración galega, de xeito que todos os traballadores e traballadoras con acceso á intranet, tivesen tamén a posibilidade de acceder aos contidos sindicais que lles ofrecía a CIG. Porén, petamos coa cobardía do secretario xeral da Consellaría de Presidencia quen non aceptou a nosa pretensión excusandose en que non ían abrir a porta a un sitio no que os íamos poñer a parir.

Xa fai unha chea de anos que a CIG-Autonómica ten en marcha uns foros en internet onde calquer persoa podía escribir para expoñer as suas consultas, descargar documentos, borradores, listados, ...e inclusive poñernos verdes utilizando as nosas propias ferramentas.

A CIG-Autonómica ten o placer de anunciar o seu novo sitio na rede dende onde poderás ler contidos clasificados, eventos, descargar arquivos e, como non, participar nos novos foros que tamén estreamos.

O sitio da CIG non está inda totalmente desenvolvido, paseniño arranxaremos os erros e iremos incorporando novas opcións que xa temos definidas. Mentres, manteremos os antigos foros para so lectura.

Convidamosche a que te rexistres no web e participes. E se es afiliado ou afiliada, contacta connosco para darche acceso a mais contidos.

Novo web da CIG-Autonómica, accesibel dende dous enderezos:

http://autonomica.cigadmon.gal

http://autonomica.cigadmon.gal