Hoxe publícase no DOG a Resolución do 25 de novembro de 2010, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as lista provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia,  de conformidade co establecido no artigo 6º do Decreto 37/2006, do 2 de marzo. Esta resolución fai referencia as novas inscricións feitas entre o 1 de marzo e o 15 de xullo. Toda a información atópanse a disposición dos interesados, entre outras, a través do seguinte web.

Nas devanditas listas figurará a seguinte información: Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional e solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular as alegacións que coiden oportunas, que irán dirixidas á Comisión Permanente Central da Dirección Xeral da Función Pública.

Grupo mixto

Hai tamén unhas cantas instancias que, por non especificar debidamente grupo ou categoría, non se poden consultar na lista de ningunha das categorías. Se alguén non aparece nos listados pode contactar a través da CIG-Autonómica para ver se está incluído ou non nese listado "caixón de sastre".