Novas por contido

Nesta Mesa Xeral tratáronse temas de interese como: a modificación da RPT de Facenda, a modificación da RPT do IGVS, a modificación da RPT de Traballo (desaparición do Santiago Apóstolo), a orde de convocatoria dos procesos selectivos da escala técnica estatística e da categoría de legoeiras/os. Ademáis, en suxestións e preguntas, a CIG-Autonómica sacou varios puntos que nos foron achegando as traballadoras e traballadores.

Modificación da RPT de Facenda

Recoñecemos e valoramos cambios na proposta inicial pero mantemos a postura en contra de que non se valore a experiencia de traballo desenvolvido ao persoal de corpos xerais que ocupan/ocuparon postos de traballo da escala de finanzas. Destacamos como fonte de malestar do persoal desta consellaría os problemas que que se están xenerando ao meter a persoas da lista da escala de finanzas en postos que non son ofertados en comisión de servizos a persoas que xa os levaron no seu dia, e que logo na práctica seguen a ter que levalos por careceren de experiencia e preparación as pesoas da lista de escala de finanzas.  Manifestamonos en contra da apertura de máis postos a outras administracións.

Modificación da RPT do IGVS

Igualmente, recoñecemos cambios na proposta inicial (como pasar varios A11 a AXG en niveis 28). Porén, segue habendo un exceso de prazas abertas a outras administracións (A11) e non aumentaron postos nas localidades onde hai maior demanda. Tamén segue existindo un abuso de requisitos de titulacións. Resulta paradóxico ata o punto de que postos exactamente iguais, segundo a localidade, requiren un título específico ou non. Opoñémonos ao requisito do carnet de conducir ao persoal subalterno xa que non foi esixido na convocatoria.

Modificación da RPT de Traballo (centro Santiago Apóstolo)

Nun acto simbólico, todas as organizacións sindicais nos levantamos e gardamos un minuto de silencio por unha morte máis nos servizos públicos autonómicos. Coa desaparición deste centro desaparecen tamén 19 postos de traballo públicos. Á Administración non lle quedou outra que aceptalo, polo que gardaron eles tamén o minuto de silencio (sentados, evidentemente).

Postura coincidente de CIG, CCOO e UGT (ao CSIF prolongouselle de mais o minuto de silencio, pois rematou a Mesa como comezou, sen abrir a boca): as 3 centrais sindicais cremos que hai alternativas públicas para ese centro e consideramos as amortizacións como un indicativo máis da política dos servizos públicos que pretende o PP: darlle paso libre ás empresas privadas que buscan o negocio nas necesidades sociais das persoas máis delicadas.

A Adminstración informou duns cambios nos códigos dos postos a amortizar. Os sindicatos demandamos unha explicación. Será que hai máis xente contestataria que ocupa outros postos dos que inicialmente ían amortizar?  A consellaría di que xa está todo falado, que aos usuarios os están a desviar a centros privados e que van a comezar a recolocar ás persoas cuxas prazas foron amortizadas.

Orde da convocatoria da escala técnica de estatística

Ampliaron o temario xenérico a cambio de reducir o específico. Reiterámonos nas alegacións escritas presentadas.

Orde da convocatoria da categoría de legoeiros/as (libre e promoción interna).

Reiterámonos nas alegacións escritas presentadas.

Suxestións e preguntas

  • Concurso administración especial: insistimos en que é unha vergoña que haxa quen leve até 15 anos sen poder exercer o seu dereito á mobilidade. Resposta: en decembro/xaneiro terán todas as RPTs e entón entrarán neste asunto; o do persoal veterinario será o primeiro.

  • Plus comprometido para gardas fluviais: resaltamos que en xuño o director xeral da FP comprometeuse a falar coa DX de Orzamentos para pedirlles o informe que permitise pagar os pluses dos gardas fluviais; cal é a causa do retraso? Resposta: tiveron informe negativo no 2008; amortizaron postos para obter orzamento; non está decidido se é posibel ou non.

  • Retraso C1 P.I.: denunciamos o parón no proceso dende que se publicara a baremación definitiva da fase de concurso vai case 2 meses no DOG. Resposta:  hai 8 reclamacións, e inda rematou o prazo fai pouco.

  • OPE 2010: preguntamos se vai a haber ou non. Resposta: non saben que pasará; se hai, será cativa.

  • Consolidación de grao ao C1: resaltamos que este é un tema que a Administración leva mareando varios anos e preguntamos se vai a haber ou non. Resposta: está por definir.

  • Nocturnidade de Medio Rural: Non poden asegurar como van quedar as de 2009; hai moitas reclamacións.

  • Consolidación de persoal laboral: levarase á Comisión de Persoal este mes.

  • FAS 2009: pagarase coa nómina de decembro.

  • Concurso persoal laboral grupo V: na próxima Comisión de Persoal daran conta dunhas prazas de ordenanza que pasan a vixiante.


Outras novas recentes

Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...
Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...
Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...