En total foron presentadas 1.600 reclamacións ás baremacións provisionais. Este número desbordou as previsións inciais da Administración (600). Segundo o avance na resolución destas reclamacións, a Administración dounos o 22 de decembro un reaxuste do prazo previsto para resolver para finais de xaneiro-principios de febreiro. Se ben, aínda con este atraso pensan manter a previsión inicial de toma de posesión, xunto coa escolla de destino definitivo dos procesos selectivos pendentes, ao longo do mes de marzo.

Por outra banda, aínda non hai novidades do próximo concurso anunciado para 2011. Convén recordar que dende Función Pública se comprometou a que rematado o actual, sacaría unha nova convocatoria co obxecto de dar cumprimento ao requirimento legal dun concurso por ano.