Novas por contido
  • A CIG logra que se inclúa a valoración do tempo traballado no posto obxecto da convocatoria.
  • Votamos en contra dunha RPT que non recolle a creación de prazas posteriores ao Acordo.
  • Denunciamos que se están a blindar prazas de persoal indefinido que non opta á consolidación.

Na Comisión de Persoal celebrada o día 27/12/2010 votouse a RPT dos procesos de consolidación. Aínda que non é o foro adecuado, tamén houbo oportunidade de establecer os criterios sobre estes procesos, aínda que non se incluíron no orde do día.

Por pedimento da CIG, a Administración incluíu na redacción final dos criterios a literalidade da redacción do EBEP sobre a valoración do traballo no posto obxecto da convocatoria e modificaron o cronograma poñendo en primeiro lugar o concurso de traslados do grupo V e despois a consolidación.

A CIG pediu que se inclúan na RPT os postos creados por sentenza posterior ao Acordo. Aínda que estes postos non entren no proceso de consolidación si deben entrar no concurso de traslados. A Administración négase a incluílos na RPT.

Esiximos que non entren na consolidación os dous postos de Sanidade creados para os maridos de dous altos cargos. Consideramos que isto é inmoral e máis habendo unha sentencia que anula a contratación da asistencia técnica.

A Administración tampouco admite incluír no proceso ao persoal das Illas Atlánticas por ser transferidos con posterioridade ao Acordo nin ao de Augas de Galiza por teren sentenzas posteriores. Respecto aos psicólogos clínicos non ten sentido que se lles esixa agora o PIR nas prazas cando para a súa contratación non se lles esixiu.

Manifestamos a nosa oposición ao singular xeito que ten a Consellaría de Cultura de interpretar as sentenzas: crean unha praza I-004 derivada dunha sentenza onde se constata que esa praza é de conserxe. O mesmo ocorre cunha praza que debería ser do grupo III-Informática e remata sendo do grupo I. Solicitamos que nas prazas do grupo I de Cultura se aplique o mesmo criterio que no resto das consellarías e non se creen subgrupos: as titulacións deben constar como mérito e non como requisito.

Denunciamos que en vez de crear as prazas cando así o esixen a sentenzas, a Administración, a través da modificación da Lei de Función Pública levada adiante a través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos que a CIG votou en contra, vai recolocar aos indefinidos en prazas vacantes xa existentes, non dubidando incluso en despedir ao persoal laboral temporal. Con isto se despide a traballadores e se detraen prazas do concurso de traslados polo que esiximos que as prazas se creen.

Se comprometen a sacar todas as prazas para o proceso de estabilización e que abordarán a funcionarización, que foi levada aos tribunais pola CIG, no 2º semestre do 2011.

Parécenos grave, que con esta RPT se este tratando de favorecer a persoal indefinido que non participa na consolidación, non respectando os dereitos das persoas que optan á consolidación e intentando meter a persoas pola porta de atrás blindando as súas prazas.

Aínda que nos parecen correctos os criterios que acordamos para os procesos unha vez que a Administración admitiu a valoración do tempo traballado no posto, como o que se votaba era unicamente a RPT e non foron admitidas as nosas principais demandas o voto da CIG foi EN CONTRA.

Para descargar a nota informativa, premer aquí.

Para descargar a RPT da Consolidación 1ª parte, preme aquí

Para descargar a RPT da Consolidación 2ª parte, preme aquí

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...