O EBEP no seu artigo 25 recoñece o dereito a percepción de trienios por parte do persoal interino. Porén, nada se dicía dos efectos retroactivos deste dereito. A Asesoría Xurídica da CIG en función da  Directiva 1999/70/CE conseguiu varias sentenzas positivas en distintos xulgados. Posteriormente iniciamos unha campaña de difusión achegando ás persoas afectadas a seguinte reclamación previa. Porén, as persoas que chegaron posteriormente ao xulgado obtiveron uns resultados desiguais.

Como se estaban a ditar sentenzas contraditorias dependendo do tribunal, ao final suscitouse unha cuestión prexudicial ao TXUE. Mentres o TXUE se pronunciaba, a Asesoría Xurídica da CIG solicitou a suspensión dos procedementos xudiciais tamén con efectos desiguais. Finalmente, o 22/12/2010 o TXUE sitou sentenza recoñecendo que esa Directiva si é de apliación directa ao persoal interino da Xunta e que por tanto obriga ao pago retroactivo dos trienios.

As consecuencias agora son diferentes: nos xulgados onde paralizaron o procedemento a Asesoría Xurídica da CIG está a pedir que levanten a suspensión do procedemento e, se non hai sorpresas, deberían de dar a razón sobre o fondo. Onde xa hai sentenza firme desestimatoria, se está a analizar se cabe unha reclamación de responsabilidade patrimonial da administración de xustiza (por erro dos xulgados e do TSXG).

A sentenza está dispoñible no seguinte enderezo web.

Para calquera dúbida con relación a este tema, recordarlle a nosa afiliación que teñen a súa disposición as asesorías xuídicas das diferentes comarcas.