No DOG do 07/01/2011 publicase a modificación da relación de postos de traballo dos departamentos da Administración da Xunta de Galicia referentes aos procesos de consolidación da disposición transitoria décima do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. A consolidación levarase a cabo mediante un proceso extraordinario de selección con suxeción aos principios de igualdade, mérito, capacidade, publicidade e concorrencia competitiva, que se esgotará coa sua propia resolución e terá carácter excepcional.

Entre as prazas afectadas polo proceso de consolidación referentes ao persoal laboral distínguese dúas situacións ou momentos diferentes:

Persoal con antigüidade anterior ao 1 de xullo de 1998 que cumpra algunha das seguintes condicións:

(CONCURSO)

  • Tivese recoñecida a condición de indefinido na súa relación laboral por sentenza xudicial de data anterior ao 17 de setembro de 2007.
  • Fose contratado directamente pola Xunta de Galicia baixo a modalidade de obra ou servizo determinado para a realización de programas ou servizos de carácter estrutural.
  • Fose integrado por transferencia como persoal laboral anterior ao 1 de xullo de 1998.
  • Por resolución da Subsecretaría de Traballo e Asuntos Sociais do 24 de xullo de1997 en virtude das previsións contidas no plan de emprego do INEM tivese recoñecida a condición de indefinido.


Persoal con antigüidade posterior ao 30 de xuño de 1998 e anterior ao 1 de xaneiro de 2005 que cumpra algunha das seguintes condicións:

(CONCURSO-OPOSICIÓN)

  • Tivese recoñecida a condición de indefinido na súa relación laboral por sentenza xudicial de data anterior ao 17 de setembro de 2007.
  • Fose contratado directamente pola Xunta de Galicia baixo a modalidade de obra ou servizo determinado para a realización de programas ou servizos de carácter estrutural.
  • Fose integrado por transferencia como persoal laboral posterior ao 1 de xullo de 1998.

Accede aos borradores dos temarios da fase de oposción para este persoal.

Accede ao acordo 21/04/2008 que recolle o obxecto e principios xerais do proceso de consolidación.