A Xunta ven de adxudicar a xestión privada de 4 centros públicos por 28.758.006 euros. A empresa Geriatros é a beneficiaria desta macroadxudicación da xestión das Residencias de Viveiro, Vimianzo, Monforte de Lemos e Ourense.

Dende a chegada do Partido Popular ao goberno da Xunta de Galicia a política unha cantidade inxente de cartos ten saído das arcas públicas cara a empresas privadas. O último exemplo é a concesión da xestión privada de Residencias de Maiores feitas con cartos públicos a empresas privadas.

A Consellaría de Traballo opta por inhibirse da xestión pública deses centros para poñer a atención aos nosos maiores en mans de empresa con ánimo de lucro, como antes o fixo coa atención aos discapacitados.

Lembremos a recente privatización do centro Souto de Leixa en Ferrol onde a empresa de Florentino Pérez, CLECE, acaba de recadar máis de 7 millóns de euros por asumir a xestión dese centro ou a posibilidade de facer unha miniresidencia privada no espacio do Colexio Santiago Apóstol da Coruña.

A próxima víctima deste proceso privatizador é probable que sexa a nova residencia do Carballiño onde na Consellaría de Traballo están a estudar se se fai unha privatización parcial ou total.

Dende a CIG-Autonómica denunciamos a falsa austeridade do goberno de Feijoo consistente en pagar con cartos públicos os negocios de empresas privadas deteriorando os servizos públicos, baixando a calidade do servizo a prestar e hipotecando a Administración galega.