Na última reunión da comisión de seguimento deste acordo, que tivo lugar o 18 de xaneiro, tratáronse os seguintes temas:

  • EPIS, formación e vehículos.
  • Asignación de pluses, RPT e reclasificación
  • Gardas localizábeis.


1º. EPIS, formación e vehículos. Rematou onte o concurso para a contratación de vehículos. Axilizarán o proceso o máximo posíbel para dispór deles canto antes. A roupa, entregarana a finais do mes de xaneiro. Solicítase maior calidade na roupa de traballo. No tocante á formación, o ano pasado Augas convocou un curso onde primou as horas teóricas, agora solicítase un curso para a gardería onde figuren horas prácticas.

2º. Asignación de pluses, RPT e reclasificación. Expúxose como está a situación actual con relación aos pluses que seguen sen aplicarse ao persoal de campo. Faltan os informes tanto da Función Pública como de Orzamentos. Ata o Comité Intercentros do Persoal Laboral solicitou información da situación na que se atopan ditos informes. A plataforma sindical solicitou máis presión por parte de Augas de Galiza aos departamentos que teñen que realizar os informes, éste manifestou que así o farán. A reclasificación faráse efectiva a partires do 1 de xaneiro de 2012, no momento da entrada da nova axencia. Según Augas, farán unha nova RPT onde recollerá os postos do novo ente, postos que corresponden ao persoal transferido. O persoal de campo de Augas unha vez transferido ao ente, conservarán as mesmas condicións laborais e económicas de hoxe en día, así como o dereito a participar en procesos tales como concursos de traslados.

3º. Gardas localizábeis. Está establecido no organismo que unha vez que xurde unha emerxenza tal e como un vertido, que o persoal que acude a comprobar dito vertido pertence a unha asistencia técnica, persoal que non ten permiso para entrar nas instalacións onde se está a efectuar o vertido, motivo polo que non poden facer o informe correspondente. A plataforma solicita que Augas elimine a asistencia técnica e que estableza gardas localizábeis para atender as saídas que haxa que realizar unha vez que remate a xornada ordinaria de traballo. Estudarán a proposta da plataforma, aínda que para o 2011 non é posíbel.

Queda establecida unha nova xuntanza no prazo máximo de 3 meses, tempo no que disporemos de máis novas sobor da nova Axencia Pública de Augas de Galiza.