Folga xeral para o día 27 de xaneiro

En defensa do emprego e das pensións

Logo dos recortes salarias de empregados públicos e da reforma laboral, agora van polas pensións: perdas de entre un 6 e un 10% e a xubilarse, de entrada, a partir dos 67 anos, dependendo do tempo cotizado. Próximamente irán a pola Negociación Colectiva para baixar os salarios.  Os distintos gobernos para satisfacer os intereses económicos da banca e en connivencia cos sindicatos UGT e CCOO non dubidan en sacrificar o noso benestar. As traballadoras e traballadores non somos os culpábeis da crise, senón as vícitimas. Defendamos os nosos dereitos, defendamos o sistema de pensións público.

AGORA TÓCACHE A TI

Coñece a realidade da reforma das pensións.

Colabora: apoia o manifesto en defensa das pensións públicas.