A Xunta de Persoal dos servizos periféricos da Xunta de Galiza en Pontevedra-Vigo, xúntase en Pleno todos os segundos mercores de cada mes, alternando Vigo e Pontevedra. Unha semana antes, o primeiro mercores do mes, reúnense un representante de cada sindicato para cuestións urxentes e preparar a orde do día do Pleno da semá seguinte. Se tes algunha cuestión que che gustaría que tratásemos, podes contactar connosco enviando un correo ao enderezo autonomicavigo@cigadmon.gal