11-02-04 Concentracion Funcion PublicaMáis de 100 delegadas e delegados das organizacións sindicais CIG e UGT se concentraron hoxe ante o despacho do director xeral da Función Pública esixindo a convocatoria do concurso de traslados de persoal laboral da Xunta de Galiza. Miles de traballadores levan 7 anos agardando por este concurso de traslados. As bases deste concurso están negociadas e só falta que se publique a convocatoria.


O director xeral recibíu aos representantes destas organizacións sindicais que conseguiron arrancar o compromiso de que a mediados de febreiro a convocatoria irá á Comisión de Persoal da Xunta de Galiza para publicarse inmediatamente despois. O atraso deste concurso conleva tamén o retraso da toma de posesión definitiva dos laborais que aprobaron as oposición no ano 2005 e que dende aquela están nun destino provisional.

CIG-Autonómica e o Sector da Autonómica de FSP-UGT van velar porque a Xunta cumpra o seu compromiso nos prazos establecidos tendo presente que un novo atraso máis vai supoñer novas mobilizacións.