Logo da concentración da CIG e UGT para esixir a convocatoria do concurso de traslados do persoal laboral, a Dirección Xeral da Función Pública achéganos un novo rascuño das bases da convocatoria do concurso do persoal laboral do  grupo V, xunto coa listaxe dos postos de traballo vacantes que se ofertarán no dito concurso.

- Rascuño das bases da convocatoria do concurso do grupo V

- Listaxe de postos vacantes en Medio Rural

- Listaxe de postos vacantes no resto das consellerías.

Nestas novas listaxes aparecen:


En cor verde: Son postos de traballo que quedaron vacantes (xubilación, fin de reserva da incapacidade permanente total ....), así como as prazas de consolidación.

En cor azul: Nestes postos recóllense as observacións tanto das consellerías como das organizacións sindicais. Estos postos ofertaranse no concurso, xa que Función Pública entende que o motivo alegado non é causa da eliminación do posto da oferta.

En cor vermello:  Indícanse os postos que se van a eliminar da oferta. No caso de que a eliminación destes postos estea fundamentada na amortización na próxima RPT, necesitarase certificación da consellería correspondente.