O mesmo día que conseguíamos novidades positivas sobre o concurso de traslados de persoal laboral, atopábamos cunha comunicación dun novo atraso do de corpos xerais de persoal funcionario. Mentres para persoal laboral temos xa bases e listado de prazas que se han levar á próxima Comisión de Persoal de deste mes coa súa inmediata publicación, para o persoal funcionario temos un novo adiamento da data estimatoria de resolución definitiva para a última semana de febreiro.

Isto atrasará consecuentemente a toma de posesión conxunta, tanto a das persoas que concursan como das que están pendentes dos procesos selectivos. E iso por non falar dos dintintos corpos especiais, algunhas das escalas dos cales fican sen concurso dende vai tantos anos como desde a súa creación.