No DOG do 15 de Febreiro de 2011, fixéronse públicas as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica por fillos e fillas menores de 3 anos para o ano 2011.

A prestación consistirá nun pagamento único de 360 € por cada descendente, cando, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2009, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a ese período nin a presentasen de xeito voluntario.

O prazo para a presentación das solicitudes é de 40 días naturais, rematando o 28 de Marzo de 2011. As solicitudes poderán presentarse vía escrita ou ben telemáticamene no seguinte enderezo web.