Novas por contido

O 21 de febreiro tivo lugar na EGAP unha polémica Comisión de Persoal na que se trataba a amortización de 200 postos de emprego público entre as consellarías de Medio Rural e Educación. Durante a súa celebración, máis dun centenar de persoas concentráronse diante das instalcións da EGAP en sinal de protesta.

A continuación vai un resumo dos temas que se falaron:

Amortización de postos de traballo do centro Terra de Ferrol
Non atenderon para nada as alegacións da CIG e nos presentan para a Comisión de Persoal a mesma documentación que para a Mesa Xeral. Se materializa así a amortización dos 51 postos do Terra de Ferrol. O noso voto é en contra

Modificación da RPT de Cultura.
A pesares da proposta escualida de Cultura e de ser necesaria unha máis ampla que aborde toda a problemática do diferente persoal desta consellaría, é das poucas modificacións que conteñen unha creación de postos de traballo. O noso voto é a favor.

Modificación da RPT de Traballo
Igual que coa modificación da RPT de Educación, Traballo nos presenta a mesma RPT que para a Mesa Xeral. Seguen sen dar solución aos centros con dotación de persoal insuficiente e seguen sen aclarar o modelo de xestión dos centros de nova creación. O noso voto é en contra.

Temarios de persoal laboral grupo IV e específicos de varias categorías.
O noso voto é a favor.

Na mesma xuntanza,  desde a CIG formulámoslle a Administración as seguintes queixas:

Amortización postos Medio Rural.
Desta volta, a diferencia da Mesa Xeral si acude unha representante de Medio Rural. A consellaría mantén que os 148 postos de peóns forestais non se van amortizar, que se trata dunha reordenación para crear máis brigadas e que como as prazas poden cambiar de localidade por iso se retiran da RPT.
Manifestamos que ese non é argumento pois poderían incluírse na RPT do concurso cunha observación sobre o cambio de localidade. Medio Rural ten dito con anterioridade que coa reducción deses postos se pensaban crear outros de xefes de brigada, o cal implica claramente amortizacións.
Citarános para a próxima semana para explicarnos a súa proposta.

Pagamento de nocturnidade SPDCIF
No mes de novembro de 2010, medio rural en xuntanza coas OOSS. quedou en mantér xuntanza para o mes de xaneiro ou febreiro deste ano para comunicarnos o xeito de proceder do aboamento da nocturnidade. A data de hoxe o persoal laboral do SPDCIF aínda non está a cobrar o complemento.
Dende a conselleria manifesta que por problemas técnicos que esperan solucionar nuns días, aínda non foi aboado o complemento por nocturnidade aos traballadores e traballadoras do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. No tocante a xuntanza coas organizacións sindicais, manifesta a representante de medio rural que en canto teñan todo arranxado convocaránnos para confirmarnos o procedemento de aboamento das noites ao persoal do SPDCIF.

A CiG solicita que se solucionen canto antes éstes problemas técnicos para que o persoal laboral do SPDCIF comenze a cobrar o complemento de nocturnidade, do mesmo xeito que lle manifesta a Medio Rural que os ditos problemas non poden vir dos distritos forestais dado que hai persoal dabondo para engadir as horas nocturnas no programa de quendas.

Subdireccións Xerais cubertas en comisión de servizos.
Ao non haber resposta nidia a esta pregunta na Mesa Xeral, nos reiteramos na mesma. Non pode ser que se este a infrinxir a normativa relativa ás comisións de servicio e menos en postos de LD como o dos subdirectores xerais.
Función Pública se compromete a reunirse coas OOSS a semana que ven.

Conflicto na Base Operativa de Ribeira do Servizo de Gardacostas.
A diferencia da Mesa Xeral aquí si aparece un representante da Consellaría do Mar.
Advertímoslle que os problemas da Base de Ribeira non se poden resolver vía expedientes disciplinarios. Daranlle traslado ao secretario xeral da nosa demanda.

Ver galería de fotos.

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...