Función Pública fixo accesible a listaxe de adxudicación definitva do concurso de traslados de corpos xerais de persoal funcionario desde o venres na súa páxina web. En principio non se ía subir ao web ata a publicación no DOG o luns 28 de febreiro. Porén, a CIG recomendoulle que o fixese previamente dado o enorme interese e as supostas filtracións que estarían favorecendo a determinadas persoas próximas ao DOG.

Dende a política de transparencia e información mantida sempre dende este portal dixital, desmentimos toda afirmación de que tiveramos a dita resolución antes de que Función Pública a colgase do web.