O próximo dia 10 de Decembro publicaráse no DOG un prazo extraordinario de apertura das listas de substitución para  dar oportunidade as persoas que superaron algún dos exames dos procesos selectivos da OPE 2005 de inscribirse nas listas.

Consideracións a ter en conta:

1º. Soamente se van abrir as listas das categorías da OPE 2005 que están reguladas polo Decreto 37/2006, excetuándose aquelas que aínda lles falta bastante por rematar o proceso.(Por exemplo IV-009, III-50, III-63....).

2º. A apertura non afecta as categorías reguladas polo Decreto 89/97.

3º. Aínda que o motivo da apertura e o exposto anteriormente unha vez aberta a inscrición nas listas o poderán facer tódalas persoas que reúnan os requisitos da categoría na que queiran inscribirse.(por exemplo as persoas que xa leven un ano penalizadas). Incluso as persoas que non teñan méritos (exames superados no último proceso selectivo ou experiencia na categoría) o poderán facer naquelas categorías que están abertas.