Estes días tivo lugar unha xuntanza coa Consellaría de Medio Rural para falar da reorganización do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF).

A CIG-Autonómica expresa a necesidade de estudar a proposta de mellora organizativa no SPDCIF que nos foi entregada na mesma xuntanza. Nunha valoración previa expoñemos que non estamos dacordo coa amortización de 121 postos de Peón/a fixo e fixo discontinuo recollida na proposta aínda que Medio Rural siga insistindo que non existe tal amortización.

A CIG advírtelle a Medio Rural que coa proposta achegada as organizacións sindicais cabe a posibilidade que muden parte das condicións laborais recollidas no V C.C.Ú., ao que a CIG non está disposta.

O Secretario Xeral expuso que como consecuencia da eminente convocatoria do concurso de traslados para o persoal laboral da Xunta de Galiza, grupo V, é preciso unha necesidade de modificación da RPT da propia conselleria, no senso de retirar da proposta de prazas vacantes aquelas que se verían afectadas como consecuencia da reorganización que teñen previsto levar a cabo no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

Detallan o estudo que tiveron que facer para reestructurar o servizo, cos obxectivos principais de pasar de un modelo de quendas individual a un conxunto, reorganizar as brigadas en equipos de 5 persoas, analizar o número de vacantes existentes e modificar a RPT do persoal laboral adscrito ao SPDCIF, de cara a un mellor aproveitamento do traballo das brigadas.

Por outra banda, aseguran que ésta reorganización do SPDCIF non afectará a ningún posto ocupado con carácter definitivo nin tampouco as brigadas helitransportadas. Pretenden do mesmo xeito que os postos de Oficial de DCIF pasen a formar parte das brigadas.

Temos de prazo ata o 15 de marzo para achegar as alegacións que consideremos oportunas en relación ao texto de mellora organizativa no SPDCIF da Xunta de Galiza. A partires desta data, convocaránnos novamente para seguir tratando a posíbel mellora do SPDCIF.

Descarga a proposta de amortización da Administración.