A CIG e UGT veñen de solicitar unha xuntanza para tratar o desenvolvemento das seguintes cuestións pendentes no Acordo de veterinarios:

  • Pagamento en concepto de desprazamento a traballadores destinados en matadeiros ou lonxas, recollido no punto 4 do Acordo, a pesar de que se conse, se liquidaría trimestralmente, a trimestre vencido, e dicir, nas nóminas de maio, agosto, novembro e febreiro (abonouse algún concepto este ano 2010, só ata o primeiro trimestre, desde o inicio).
  • Non se lle comunicou aos sindicatos asinantes do acordo o horario de traballo dos distintos matadeiros e lonxas, malia que a Consellería se comprometera a facelo na primera reunión da comisión de seguimento.
  • Non existe un servizo de recollida e entrega de roupa de traballo similar ao existente na Consellería do Medio Rural que estea ao dispor de todo o persoal.

A CIG solicitou así mesmo unha xuntanza da comisión de seguimento do Acordo de axentes forestais e axentes facultativos para tratar, entre outras cuestións, o relativo a:
  • Vestiario.
  • Acreditacións dos/as axentes.
  • Vehículos de traballo.
  • Aceleración do proceso en curso de acceso ao grupo C1.
  • Situación dos/as interinos/as na cobertura de prazas de integración ao grupo C1.
  • Necesidade de cobertura de todas as vacantes actuais.


-Premer para descargar a solicitude de xuntanza do acordo de veterinarios

-Premer para descargar a solicitude de xuntanza do acordo de axentes forestais e axentes facultativos