A CIG – Autonómica vén de presentar as alegacións á proposta de mellora organizativa do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Consellaría do Medio Rural que nos foi entregada pola propia administración na xuntanza do día 4 de Marzo.

Do mesmo xeito, tamén presentou escritos a CCOO, UGT e CSIF solicitando unha xuntanza de carácter URXENTE para organizar actos reinvidicativos comúns co obxecto de conquerir unha reorganización do SPDCIF sen destrucción de emprego.

A CIG nas súas alegacións ven a rexeitar o texto da proposta no seu conxunto porque non aceptamos ó DESPEDIMENTO DE 121 TRABALLADORES/AS PERSOAL LABORAL INTERINO, así como a AMORTIZACIÓN DE 121 POSTOS DE TRABALLO nas categorias de Peón conductor e Peón, ámbalas dúas do grupo V de Persoal Laboral da Xunta de Galiza, nun servizo tan esencial coma é o SPDCIF e que ano tras ano está sendo recoñecido a nivel nacional.

A CIG fai reseña nas súas alegacións os datos erróneos que figuran na proposta do número de persoal dispoñible no SPDCIF, dando a entender que Medio Rural descoñeze dos medios cos que conta actualmente; ésto acontece por encargarlle o estudo a unha asistencia técnica, que o único que busca é o interese económico, habendo persoal funcionario e laboral dentro de Medio Rural capacitado para desenvolver unha proposta de mellora en positivo onde se recollan criterios de aproveitamento real do traballo das cuadrillas e logo para levalo a práctica.

A CIG está disposta a sentarse a falar de unha reestructuración do SPDCIF en positivo, sempre coma un servizo público, garantindo como mínimo a totalidade de postos de traballo actual e dándolle a oportunidade aos traballadores/as a promocionar internamente. Entendemos que a proposta achegada por parte de Medio Rural é unha proposta sen contido, onde o único que deixa claro é o descoñecemento dos dirixentes da conselleria das necesidades propias como servizo público.

Descarga o documento coas alegacións completas