Na Residencia de Maiores de Carranza, dependente da Xunta de Galiza, rompen os canos de auga quente e se inunda o centro case a diario.

A causa da rotura das cañarías ven provocada pola subida de temperatura da auga quente para previr a lexionelose nos centros públicos e que os tubos non aguantan e van rompendo pouco a pouco. Se o incidente ocurre pola semana os servizos de mantemento son capaces de solucionar a avaría no momento, pero se a rotura acontece en fin de semana ou pola noite o incidente remata en inundación co perigo para  traballadores/as e usuarios/as de rotura de falsos teitos, levantamento de chan, perigos eléctricos, …(como ven podedes observar no video-denuncia do que achegamos enlace).

Este problema arranca de fai 6 anos con roturas esporádicas pero é a partir de maio de 2010 cando as roturas se xeralizan, pero os e as traballadores/as do centro confían na solución do problema porque de maio a decembro está unha empresa facendo cambio de cañarías.

As obras de reparación rematan e as inundacións seguen a producirse: 21 de febreiro, 10 de marzo e 14 de marzo. Ante esta inactividade da Administración a cadro de persoal decide facer denuncia pública da precaria situación dun servizo público e da posible repercusión na súa saude laboral. 

Polo que pedimos:
- Implantación de medidas preventivas urxentes mediante unha avaliación de riscos e a adopción das necesarias medidas de seguridade.
- Solución definitiva das avarias para que o servizo público de atención a persoas maiores funcione con plena calidade.
- Depuración das responsabilidades administrativas e políticas por non ter solucionado a tempo este problema.
- Non vamos a consentir o abandono dos servizos públicos para xustificar unha posible entrega a mans privadas amigas ou coñecidas.

Entanto non se solucione este grave problema teremos concentración todos os mercores ás 11:30 horas diante da porta principal da residencia de Caranza.

SERVIZOS PUBLICOS E DE CALIDADE

CIG ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA COMARCA DE FERROL.