A nova Axencia Galega de Infraestruturas vai ser unha das primeiras fillas da LOFAXGA que vai ter graves consecuencias para o persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia.

  • MENOS PRAZAS DE PERSOAL FUNCIONARIO: As prazas que actualmente ocupa o persoal interino vanse transformar en prazas de persoal propio. A medio prazo ocorrera o mesmo co resto en canto vaian quedando vacantes.

  • MENOS PRAZAS DE PERSOAL LABORAL: Os Estatutos non contemplan o paso á Axencia do persoal temporal.  Probablemente serán substituídos por persoal propio, máis barato e precario.

  • PARALISE DAS LISTAS DE SUBSTITUCIÓNS: A nova Axencia vai ter listas propias fora do decreto 37/2006 o que significa menos chamamentos.

  • PRECARIZACIÓN DO EMPREGO: A Axencia vai poder contratar persoal propio segundo os seus criterios e xestionando ela os procesos selectivos. Supoñemos que haberá dúas clases de persoal propio: o persoal agradecido con salarios “interesantes” e “os do montón” con condicións laborais por debaixo das fixadas no V Convenio.

  • NEPOTISMO E CLIENTELISMO LATENTE: Xunto ao persoal propio con condiciones laborais pésimas convivirá o persoal directivo que terá unhas condicións salariais suculentas.

Esta Axencia leva o cuño diferencial do novo modelo de Administración Pública que se vai impoñer en anos vindeiros. Cando o PP, co voto a favor de CCOO, UGT e CSIF aprobou a LOFAXGA, advertimos xa daquela que se camiñaba cara á destrucción da Administración Pública tal e como a coñecemos  e que pasaríamos a un novo modelo onde a Administración galega íase transfigurar nun pequeno núcleo administrativo que ía estar rodeado dun cinto de Axencias e entes instrumentais varios.

Que significa e que consecuencias vai traer a creación da Axencia Galega de Infraestruturas?

  • A Axencia vai ter persoal propio. Ademais do persoal funcionario e persoal laboral fixo da Xunta que se integre na Axencia esta vai poder contratar persoal propio.

  • Este persoal será seleccionado pola Axencia. Co cal haberá cada vez menos prazas para funcionarios e laborais da Xunta, xa que as necesidades de persoal van ser suplidas polo persoal que contrate a Axencia.

  • O persoal funcionario interino das DX que se integren na Axencia vai pasar a ser persoal laboral temporal da Axencia, co cal perdera os seus dereitos ademais de liquidar esas prazas de funcionario.

  • Non recollen nos Estatutos qué vai pasar co persoal laboral temporal.

  • A Axencia poderá ter un sistema de listas propio obviando o decreto 37/2006.

A ninguén se lle escapa que a Axencia ante a posibilidade contratar persoal propio cuns salarios inferiores aos da Xunta de Galicia, ao estar fora do Convenio Colectivo, non vai contratar a ningún persoal interino nin temporal da Xunta.

É máis, como a aprobación da RPT da Axencia está en mans do Consello Reitor, estamos máis que seguros que pouco a pouco se irán amortizando prazas de persoal funcionario na Axencia e de persoal laboral fixo da Xunta na Axencia para crear prazas de persoal propio.

Ao mesmo tempo, como lle corresponde á Axencia a determinación dos criterios de selección do seu persoal laboral e a convocatoria e xestión dos procesos selectivos, isto vai derivar en novos casos de nepotismo.

Tamén ten a Axencia manga ancha para contratar persoal directivo sen nengún control e sen que teñan a condición de funcionarios públicos. Evidentemente os postos de persoal directivo serán reservados para amizades políticas ou para persoas vinculadas a empresas constructoras.

Non sabemos a cambio de qué, CCOO, UGT e CSIF lle deron o seu apoio á LOFAXGA, pero todos os empregados públicos imos ter que agradecerlles ese favor. E o máximo caso de cinismo o temos en CCOO onde veñen de publicar unha nota dicindo que están en contra de que a Axencia teña persoal propio cando o vai ter gracias a eles.

Descarga borrador do Decreto