Novas por contido

Despois das xestións realizadas pola CIG, ante o retraso no cobro da productividade do ano 2010 por parte dos axentes forestais e dos axentes facultativos mediomabientais adscritos á Xefatura Territorial de Medio Rural en Pontevedra, temos a confirmación de que o pago destas cantidades vaise realizar a través da nómina do mes de marzo (a cobrar a principios de abril).

Se algún compañeiro/a observa que non se realiza o pago correctamente pode poñerse en contacto con nós nos locais da CIG dos Edificios Administrativos de Vigo e Pontevedra.

CIG-Pontevedra: 986 80 55 15

CIG-Vigo: 986 81 75 97

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...