O 24/03/2010 o Director Xeral de Tributos mantivo unha xuntanza coas organizacións sindicais para informarnos dunha serie de medidas para facilitar a declaración da renda ao persoal da Xunta:

  • A partir deste ano se chegou a un acordo de colaboración coa Axencia Tributaria para que se poida consultar o borrador do IRPF e os dados fiscais a través da páxina web da Consellaría de Facenda na seguinte dirección  http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/ovempregado

  • Nos próximos días mandaráselle un correo electrónico a todos/as empregados/as da Xunta informándolles desta medida e cun manual de usuario da  aplicación.

  • Poderase consultar e, de ser o caso, confirmar a declaración a partir do día 4 de abril por este medio. A Axencia Tributaria empezará a facer as devolucións a partir do día 5 de abril, si se entrega a declaración en papel haberá que esperar ata maio.

A CIG protestou por que hai persoal, tanto funcionario como laboral, ao que non se lle facilita un correo institucional, polo que hai xente a que esta información non lle vai chegar.