Un erro informático na confección do censo eleitoral, deixou fóra de poder exercer o dereito fundamental a voto ao persoal funcionario de Servizos Centrais da Consellería de Sanidade e do SERGAS cuxos apelidos estaban entres as letra A e M, ámbalas duas inclusives. A CIG tentou, dende o primeiro momento no que se detectou o erro, que a D. X de F. Pública o correxira de oficio.

Nada máis lonxe da realidade. A administración e outra forza sindical (CSIF) puxeron todos os reparos do mundo para que tal corrección non se levara a cabo. Ao final, á CIG, e só á CIG (sen respaldo doutras forzas), non lle quedou outro remedio que solicitar un Laudo arbitral que dictaminara o lexítimo e irrenunciable dereito que todos temos para depositar (se nos peta) o noso voto na furna.

Pois ben, o mediador do Laudo, o xoves 24 de marzo doulle a razón ao solicitado pola nosa central sindical (desta vez si respaldada polas outras forzas sindicais, incluída CSIF) e tomou o acordo de que o persoal enriba sinalado poida exercer o seu dereito a voto co único trámite de solicitar unha certificación no servizo de persoal que acredite a súa situación en servizo activo e que pode votar a elección á Xunta de persoal de servizos centrais.

Agradecendo as mostras de apoio recibidas neste proceso e inclusive a vosa colaboración asinando escritos de protesta pola errónea confección do censo, recibide un cordial saúdo.