Na xuntanza coa CMATI de 25 de marzo de 2011,  a Administración realizou cambios fundamentais respecto do primeiro borrado do decreto,  aceptando as alegacións da CIG que eliminan a posibilidade de que a Axencia teña persoal propio. 

A CIG felicita a Consellería por este cambio fundamental de postura, e manifesta que a creación de Axencias non é un problema en si mesmo, si non se dotan de persoal propio, e poñemos de exemplo a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, que nos seus propios estatutos especifica que estará dotada unicamente de persoal funcionario da Xunta de Galicia.

A pesar dos avances conseguidos, a aprobación da LOFAXGA fai que se deban negociar separadamente cada un dos Estatutos da Axencias para impedir que teñan persoal propio.  Se CCOO,  UGT e CSIF non lle tivesen dado o seu visto e prace a esta lei non teríamos que estar dia a dia pelexando para que as axencias non teñan persoal propio e  que se manteñan as condicións de traballo do persoal funcionario e laboral da Xunta que pase a desenvolver nelas o seu traballo.

As alegacións presentadas pola CIG ao borrador foron as seguintes:

  • Disposición adicional terceira: Manifestamos que ten que figurar, ademais do persoal funcionario e laboral, o persoal estatutario, xa que a día de hoxe existe este tipo de persoal na Consellería, e a maiores, nos artigos que falen da antigüidade, non pode falar de trienios, xa que o persoal estatutario ten outro tipo de recoñecemento de antigüidade.
  • Art. 13.d): que se especifique que a contratación non é en materia de persoal.
  • Art. 22.1: que se elimine este apartado, xa que ao ser persoal funcionario e laboral da Xunta non é necesario que apareza. Aceptan.
  • Art. 22.3. segundo parágrafo: que se elimine este parágrafo polo mesmo que o anterior. Aceptan
  • Art. 23.1. manifestamos que non pode figurar no texto esta redacción, xa que as condicións laborais e o réxime retributivo teñen que ser as que marquen a Lei da Función Pública, o Convenio Colectivo e os Orzamentos da Comunidade, no seu caso, e non os que marque a Axencia. Aceptan.
  • Art. 23.4 e art. 23.5. pedimos que se elimine a posibilidade de que exista un complemento de produtividade, xa que a CIG non está de acordo con este tipo de complementos, aínda que sabemos que o EBEP asinado por CC.OO, UGT e CSI-F recolle a posibilidade de que exista. Non aceptan.
  • Pedimos que en todos os sitios onde se poida interpretar que o persoal pasa a ser da Axencia, se elimine e  que se deixe claro que o persoal é da Xunta de Galicia. Aceptan.
  • En rogos e preguntas solicitamos un compromiso claro de que non se vai a amortizar ningún posto de traballo que estea ocupado por un/unha interino/a. ASUMEN ESE COMPROMISO.


Descargar o resumo da xuntanza sobre a Axencia Galega de Infraestruturas de 25/03/2011