No Diario Oficial de Galiza (DOG) nº 40, do Xoves 26 de Febreiro de 2009, faise público acordo do Consello da Xunta de Galiza do 12 de Febreiro, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Conselleria do Medio Rural. Ista modificación xustifícase na necesidade de dar cumprimento ao acordo asinado entre a Administración da comunidade autonóma e as organizacións sindicais, respecto a regulación das condicións de traballo do persoal pertencente ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

A ademáis inclúese o disposto no número 3.2 do V Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galiza en canto ao período de traballo do persoal fixo- discontinuo. Así mesmo, dáse cumprimento ao acordo asinado pola Administración e as organizacións sindicais para a adecuación da prestación dos servizos veterinarios oficiais no ámbito da Xunta de Galiza. Por outra banda, modifícase o sistema de provisión dos 19 postos de traballo de Xefatura de Distrito mudando a súa cobertura de libre designación a concurso, de acordo coa Sentenza do 17 de Decembro de 2008 da Sala do Contencioso - Administrativo do Tribunal Supremo

Os efectos económicos derivados do acordo asinado para o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais retrotraeranse ao 1 de Xaneiro de 2008 e os efectos económicos derivados do acordo dos servizos veterinarios oficiais retrotraeranse ao 31 de Outubro de 2008. 

Ver máis no DOG