Novas por contido

Na última xuntanza deste comité tratáronse, entre outros, os seguintes temas:

Debate da Memoria Anual de actividades preventivas.

Xestión da prevención: proponse como medida de mellora a vinculación da vixilancia da saúde ás avalicións de riscos segundo os postos de traballo e características específicas para unha mellor efectividade. Ponse en coñecemento deste comité as dificultades de algúns empregados públicos para acceder a vixilancia da saúde dende o programa da intranet.

Accidentalidade: no 2010 mantense o número total de accidentes, increméntase o número dos in itinere a 73. As consellerías que presentan maior incidencia son as de Medio Rural e Traballo e Benestar. Pedimos que se efectúe un maior esforzo para reducir o número de accidentes destas consellerías.

Avaliacións de riscos: seguense a detectar grandes deficiencias no proceso de entrega e información os traballadores, posto que na maioría dos casos o persoal non ten coñecemento da avaliación de riscos e as persoas responsables dos centros non executan o plan de actuación. A maiores do traballo programado fixose a avaliación das tarefas de campo da Consellería de Medio Rural.

Vixilancia da Saúde: Pídese que a vixilancia da saúde sexa específica segundo as características do posto de traballo.

Formación: levouse a cabo a formación en PRL do persoal de novo ingreso. No curso de directivos da EGAP, cargos intermedios, incluirase un módulo de prevención de riscos. A formación específica en prevención que imparte MUGATRA, a partir de este ano contara cun certificado da EGAP.

Reunións CSS: por parte da CIG denuncíase o incumplimento reiterado da LPRL en canto ás reunión trimestrais dos comités e  sinálase a responsabilidade por parte da Administración ao incumplir a norma.

Resolución dictada por Medio Rural

En primeiro lugar resaltar que esta resolución debese negociar ca parte social, posto que os asuntos sobre os que se aplica son motivo de negociación. En segundo lugar,  indicar a  necesidade respecto aos axentes forestais e técnicos forestais dos distritos de que de xeito transversal a uniformidade, material, vehículos e protocolos de traballo teñan en conta os incendios forestais e sexan revisados polo comité de incendios, así como a inclusión de todo o persoal que traballa en incendios tales como vixiantes fixos e emisoristas.

E por último, solicitar a urxente reunión destes comités para  tratar estes temas e seguir avanzando na prevención; tendo en conta que é unha das consellerías con mais accidentes.

Novos ámbitos de participación

A proposta do SPRL está en contra dos criterios da CIG, que entende que se lograría maior eficacia con comités de ámbito provincial pois os coñecementos de cada centro de traballo son mellores e non se diluen no ámbito autonómico.

Outros

A CIG presenta unha proposta de traballo, para  coordenar as accións tendentes a previr os  riscos potenciais que poideran derivarse da condición de enfermo mental de traballadores ao servicio da Administración.

Preguntamos pola fórmula de actuación no caso de sinistros nos centros de traballo tales como inundacións, derrumes... Contestan da Administración que se pode comunicar através da web de Facenda, Secretaria Xeral de patrimonio, Servizo de Riscos.

Outras novas recentes

Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...
Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...
Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos. De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta. Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter...