O 14 de abril (fermosa data republicana), o persoal funcionario da Administración Autonómica imos elixir aos membros das Xuntas de Persoal e a quenes nos van representar nas mesas de negociación durante os próximos catro anos cun panorama que non é precisamente do mais optimista. A CIG presenta candidaturas amplas e variadas, con xente nova e xente experimentada, pero todos e todas con gañas de traballar, con ilusión e coas ideas claras.

Quen está e quen vai estar aí cando o precises? Co teu voto podes axudar a frear as agresións que os funcionarios e funcionarias estamos a padecer. O teu voto vai decidir quen queres que te defenda nestes momentos difíciles onde a Administración Pública tal e como a coñecemos pode desaparecer.

VOTA CIG


Descarga Boletín Especial


Horario votacións para o xoves 14 de abril: