Sabías que certas medidas que restrinxen os nosos dereitos tiveron apoio sindical? Unha acción sindical seria implica levar adiante negociacións e medidas que beneficien aos/as funcionarios/as. Pero tamén implica saber dicir NON cando as medidas propostas son lesivas para os intereses dos/as funcionarios/as.

Entre as primeiras A CIG TEN NEGOCIADO, MOITAS DAS VECES POR INICIATIVA PROPIA, MEDIDAS E ACORDOS BENEFICIOSOS AOS QUE VOTOU A FAVOR na Comisión de Persoal, como o Fondo de Acción Social, o Acordo de centros de ensino, o Acordo retributivo 2006-2009, as pagas extras completas, o Acordo para que as xefaturas de Servizo pasaran a concurso, etc.

Pero hai veces que os sindicatos teñen que dar un rotundo NON a medidas que intentan recortar dereitos, privatizar a Administración ou que dan lugar a situacións inxustas. Para que teñas coñecemento de qué votou cada quen e formes a túa opinión aquí tes a seguinte táboa:



CIG
CSIF
CCOO
UGT
Xefaturas de Servizo pasan a libre designación
(art 30 da LFPG votado na Comisión de Persoal do 18/10/2010)
NON
SI
NON
SI
Chiringuitos con listas de substitución propias
(art. 59 da LOFAXGA votado na Comisión de Persoal do 4/08/2010)
NON
SI
SI
SI
Mobilidade forzosa do posto
(art 30.bis.3 da LFPG votado na Comisión de Persoal do 18/10/2010)
NON
SI
NON
SI
Integración en vacantes da Xunta do persoal dos chiringuitos
(Proxecto de Decreto de integración do persoal das entidades instrumentais)
NON

Non se
pronuncia

Non se
pronuncia
Non se
pronuncia
Que as Axencias poidan ter persoal propio
(art. 75 da LOFAXGA votado na Comisión de Persoal do 4/08/2010)
NON
SI
SI
SI
Funcionarios doutras Administracións traídos en LD pasan a ser funcionarios da Xunta
(DT 15 da LFPG votado na Comisión de Persoal do 18/10/2010)
NON
SI
NON
SI
Que algún persoal dos chiringuitos poida cobrar máis que o Presidente da Xunta
(art. 60.2 da LOFAXGA votado na Comisión de Persoal do 4/08/2010)
NON
SI
SI
SI
Que nos xubilemos aos 67 anos
(RD-l 3/2010 Reforma das pensións)
NON
-
SI
SI

E agora pensa. Quen queres que te represente diante da Xunta?

Veñen tempos duros onde imos ter que sufrir unha política de recortes, restriccións de dereitos e onde perigan os nosos salarios, a nosa estabilidade no posto e a propia idea dunha Administración Pública.

Só un sindicato que poida negociar melloras pero que tamén saiba manterse firme ante as agresións que sufrimos os funcionarios/as pode garantir que non perdamos os nosos dereitos.

O teu futuro depende do teu voto. Pensa no teu futuro. O 14 de abril VOTA CIG