O pasado 11 de abril tivo lugar unha xuntaza da comisión de listas de substitución nos que se falaron dos seguintes temas:

Listas definitivas de actualización de méritos

Función Pública di que están pendentes de certificacións que lle debe envíar algunha consellería polas reclamacións das persoas que teñen contratos a tempo parcial. Esto está retrasando todo o proceso.

Resolucións de apertura de varias listas Comunican que xa teñen feito o borrador para as de interpretes de linguaxe de signos, inspectores/subinspectores de urbanismo e subinspectores de consumo, pero aínda non lle deron o visto bo. A continuación a CIG pide que se proceda a apertura tamén das listas das categorías IV-041 e IV-042, xa que hai prazas sen cubrir e non hai listas. Toman nota e pasarán o aviso a Medio Rural para saber que quere facer co tema xa que son categorías específicas desta consellería según FP.

Chamamentos polo INEM

Informase que dado que nas listas III-104 da provincia da Coruña non hai ninguén inscrito e dado que había necesidade de cubrir prazas fixose un chamamento xenérico ao INEM que deu como resultado unha lista de aprox. 30 persoas seleccionadas. Agora precisase cubrir 2 prazas (IES Paseo das Pontes e IES Someso) polo que a Consellería pide autorización á Comisión para usar esa lista. Decidese CONCEDERLLE o dito permiso ata que haxa persoas admitidas na lista provisional.

Comunican asimesmo que a Consellería do Mar pide a cobertura de 2 postos de profesores non numerarios nas categorías de:

  • intervención subacuática (licenciatura, enxeñaría ou arquitectura máis técnico de mergullo)
  • medicina subacuática e hiperbárica( licenciatura en medicina máis tecnico en mergullo).

Dada a dificultade de atopar candidatos nas listas existentes decidese autorizar un chamamento xenérico ao INEM.

Outros

Tamén informan da cobertura dunha sustitución por maternidade na categoría II-017 a través das listas da Xunta para o INTECMAR.

Decideuse poñer un aviso/recordatorio na páxina de que para saber o estado nos ámbitos  dunha lista concreta debe facerse consultando o mesmo na lista desexada e non na páxina inicial.

Fixase a próxima reunión para o 24 de maio.