Novas por contido

A CIG sube 9 delegados/as tendo un total de 42 entre as cinco Xuntas de Persoal.

Hoxe, 14 de abril celebráronse as eleccións das Xuntas de Persoal Funcionario da Xunta de Galiza nas catro provincias e en Servizos Centrais.

A CIG obtén un total de 42 representantes no total de Galiza. Cun censo de 11.300 funcionarios/as e unha participación media do 40% a CIG sube de 33 a 42 delegados/as. Os resultados desglosados son os seguintes:



CIG
CSIF
CCOO
UGT
CGT
FSES
Total
Servizos Centrais
10
7
5
5


27
A Coruña
8
7
5
3

2
25
Lugo
8
7
4
4


23
Ourense
6
8
7
2


23
Pontevedra
10
6
4
3
2

25
Total
42
35
25
17
2
2
123


Estes resultados son mostra da confianza dos/as funcionarios/as da Xunta de Galiza na xestión e traxectoria da CIG e supoñen un voto de castigo ás políticas do Partido Popular en relación á Administración Pública.

O voto á CIG foi un voto contra os recortes, as privatizacións é contra a xestión en materia de persoal da Xunta de Galiza.

Queremos agradecer a confianza depositada en nós polos funcionarios e funcionarias que optaron por dar un voto na defensa do Público e que veñen traballando día a día por unha Administración Pública mellor.

A CIG, con este aval renovado, vai seguir no camiño da defensa dos intereses dos empregados/as públicos/as e dunha Administración Pública galega e de calidade

Compostela, 14 de abril de 2011
O secretario nacional da CIG-Autonómica
Fernando García

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...