Nos últimos días o presidente Feijoo votou balóns fora cando os xornalistas lle preguntaron polas supostas manipulacións das oposicións na Deputación de Ourense e o posible beneficio a Concelleiros e familiares de Concelleiros do Partido Popular, en referencia as denuncias do PSdeG-PSOE  de que na Deputación traballan alomenos 113 cargos do P.P. pero permite que se dean caso de Nepotismo na provincia de Ourense, casos completamente inaceptables.

Dende a CIG-Autonómica queremos denunciar a reserva dun posto de traballo a muller do Delegado Territorial da Xunta de Galiza en Ourense, Rogelio Martinez.

Estamos a referirnos a un posto de Camareiro/a Limpador/a na Residencia do Maior do Carballiño que a día de hoxe esta ocupado por a referida muller do Delegado Territorial e que debería sair ao concurso de traslados para darlle a oportunidade ao persoal fixo de acceder ao mesmo e en vez desto o que se fai e blindarllo para que continúe traballando esta persoa. Aínda que a Administración declara na Comisión de Persoal do día 18 de abril, que esta praza se vai tamén a amortizar o que nos preguntamos é que se pretende: si se amortiza a próxima Residencia do Carballiño vai nacer sen prazas pública e se non se amortiza por qué non sae á concurso? A CIG solicita que esa praza non se amortice e saia a Concurso.


Neste momento a proposta da Xunta de Galiza e a amortización de 8 prazas na provincia de Ourense, somentes no grupo V,  o que demostra unha vez máis o desprezo da Xunta cara a nosa provincia coa continua eliminación de postos de traballo.

Pero, por si isto fora pouco e por si non fora necesario, por non dicir imprescindible o mantemento dos postos de traballo na nosa provincia, o Delegado Territorial da Xunta de Galiza en Ourense, Rogelio Martinez, permítese o luxo de reservarlle o posto de traballo a súa muller, sen que os principios de Igualdade, Mérito e Capacidade sirvan para nada cando se trata de familiares dos mandatarios do Partido Popular. Ésto é, elimina a praza da relación do concurso para evitar que o persoal fixo poida escoller a praza da súa muller.

Este tipo de actitudes nepóticas son inaceptabeis e suficientes para que o Delegado Territorial sexa cesado de xeito inmediato ou si non é así, debería dimitir as persoas que permiten esta tropelía, e dicir, a Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar e o Director Xeral da Función Pública.

Dende a CIG-Autonómica esiximos que se oferten o 100% das prazas vacantes no concurso de traslados do Grupo V do Persoal Laboral da Xunta de Galiza.