A pesares de que comprendemos, respectamos e compartimos que un Goberno en funcións non asine nada que comprometa a acción do goberno entrante, non se pode permitir a paralización da Administración Pública cuia actividade, en certa medida, debe seguir o seu curso independentemente do poder político. Asimesmo animamos a todos os membros do executivo saínte a que, nunha mostra de solidaridade co pobo galego nesta época de crise económica, teñan a dignidade de renunciar voluntariamente a percibir o plus de altos cargos.

Dende a CIG-Autonómica instamos á Consellaría de Presidencia e a Función Pública a que faga efectivos todos aqueles acordos asinados durante o ano 2008 e que están aínda sen executar.