Novas por contido

A CIG-Autonómica denuncia irregularidades na convocatoria dunha praza da sociedade TURGALICIA e enviou escrito á Dirección Xeral da Función Pública demandando a paralización e anulación da convocatoria.

Con data 18/04/2011, a  Sociedade de Imaxe e promoción turística de Galicia, S.A. (TURGALICIA) publicou as bases da convocatoria dunha praza de persoal con carácter indefinido para a referida sociedade. A praza é "xefe de área de xestión económica e de persoal". No procedemento de selección mediante concurso-oposición, vai existir unha entrevista persoal e a persoa seleccionada pasará a integrarse no cadro de persoal laboral fixo do ente.

Da análise da convocatoria despréndese  que non se cumpre o artigo 58 da Lei 16/2010, do 17 de decembro de organización e funcionamento da Administración Xeral e do Sector Público Autonómico de Galicia. O artigo 17 mencionado, establece que a selección do seu persoal, agás o directivo e demais excepcións previstas nesta lei, será realizada polo centro directivo competente en materia de función pública e seranlle aplicables as disposicións da lexislación galega sobre emprego público relativas a:

  • Composición e funcionamento dos tribunais ou das comisións de selección.
  • Bases das convocatorias.
  • Probas de selección


1. Debería ser, xa que logo, a Dirección Xeral de Función Pública a que realizara a selección para cubrir esta praza ao non tratarse dun posto directivo e non a propia sociedade. Incúmprense polo tanto o artigo 17 da referida lei.

2. A composición e funcionamento dos tribunais ou comisións de seleccións deben ser nomeados polo Director Xeral de Función Pública, non pola conselleira-delegada de TURGALICIA, como se establece nas bases. Volve incumprirse o artigo 17 da referida Lei.

3. As bases da convocatoria e as probas de selección:

a)Mentres nas probas selectivas de titulados superiores de persoal laboral se esixen 70 ou 80 temas, en persoal funcionario aproximadamente un centenar de temas, nesta convocatoria só se esixen 10 temas.

b)Mentres nas probas selectivas do grupo I de persoal laboral ou do grupo A de funcionarios se fan 3 ou 4 exercicios, neste caso unha simple proba teórica-práctica sen máis específicar. Nas bases non se observa que se estableza ningunha garantía para asegurar o anonimato dos opositores nin garantía de que o exame, ese “suposto teóríco-práctico” non se vaia filtrar.

c)Na fase de concurso non se especifica en que categoría se valora a experiencia, valorase máis a experiencia en sociedades públicas que na propia administración. Tamén se dispón que se valora a experiencia ante a AEAT, non na AEAT.

En definitiva prodúcese un cúmulo de irregularidades que leva a pensar que a praza xa está asignada de antemán, que se trata dunha convocatoria para meter a alguén pola porta de atrás.

Por todo iso, a CIG-Autonómica solicitou da Dirección Xeral da Función Pública a paralización e anulación inmediata da convocatoria.

Descarga as trapallentas bases da convocatoria: ligazón.

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...