Coa escusa da adicación exclusiva imos a gastar o que costarían 5 coches coma o de Touriño

Dende a C.I.G.-Autonómica queremos facer constancia da pretensión do Partido Popular de Galicia, gañador das eleccións ao Parlamento de Galiza, e das afirmacións do seu Presidente, próximo Presidente da Xunta de Galiza, quen publicamente manifesta a súa intención de obrigar a dimitir a todos/as os/as parlamentares que sexan nomeados/as Conselleiros/as.

Isto, na linguaxe coloquial significa, “predicar e dar trigo”, isto é, primeiro dicir unha cousa e despois facer outra moi diferente. Referímonos ao gasto que vai a supoñer que dimitan os/as Conselleiros/as que sexan Deputados/as electos.

Si temos en conta o que cobra un/unha deputado/a ao cabo do ano e o comparamos co que cobra un/unha Conselleiro/a vamos a toparnos coa duplicidade de soldos, xa que por unha banda o/a novo/a deputado/a cobrará o seu e o/a Conselleiro/a cobrará o seu, atopándonos que en 4 anos imos a gastar máis de 2´5 millóns de euros en soldos de máis, con unha pretendida adicación exclusiva, é dicir, coa escusa da adicación exclusiva imos a gastar o que costarían 5 coches coma o de Touriño, por beneficiar a algún cargo máis do P.P., isto é aforrar?. Ou outro despacho igual para as reunións do Consello da Xunta.

Isto por non falar do engano que supón para a cidadanía a dimisión forzada dunha serie de xente polo mero feito de ser nomeados para un cargo, e, que a conta desto entre a cobrar durante catro anos, persoas que non foron elexidas polos cidadáns deste País.

Dende a C.I.G.-Autonómica consideramos que isto é empezar con mal pé, promulgando a austeridade por un lado, e, dobrando, polo outro, o gasto en salarios. Esperemos e desexamos que se recapacite dende o Partido Popular, e, non se leve a cabo este dispendio do diñeiro público.