Na xuntanza do 29/04/2011 entre a secretaria xeral técnica da Consellaría de Traballo e do Benestar e as OO.SS, a Administración concretou o sistema de contratación de 109 traballadores para as distintas oficinas de emprego de todo o País.

A Consellaría recuou na súa pretensión de crear a categoría de “promotor de emprego”  de persoal laboral e a súa posterior seleccción vía oferta xenérica no INEM, optando por facer chamamentos a través das listas de susbtitución do Decreto 37/2006. O chamamemento aos integrantes das listas, subgrupo A2,  será excluínte en titulacións, pois só serán chamados aqueles que reúnan o requisito dalgunha das seguintes titulacións: Traballo social, educador social, graduado social ou diplomado en relacións laborais. A contratación será inmediata, posiblemente ao longo desta primeira quincena de maio e se extenderá, en principio, até o remate do ano 2012.

A decisión da Consellaría de non chamar das listas de persoal laboral, grupo II categoría 007 ven motivada polo informe negativo da asesoría xurídica a respecto da modalidade contratactual proposta xa que aconsella un contrato de traballo por tempo indefinido e que o V Convenio non regula.

Por último, a Secretaria Xeral Técnica de Traballo e Benestar avanzou as súas intencións de reorganización funcional das oficinas de emprego. Nun futuro próximo pretenden crear escalas de funcionarios, subgrupos A1 e A2, funcionarizar os laborais e crear dunha categoría específica para os grupos I e II de persoal laboral.