Novas por contido

No Diario Oficial de Galiza (DOG) do Xoves, 5 de Maio de 2011, publican o exercizo dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Administración Autónoma de Galiza ante as eleicións municipais do 22 de maio do 2011. Éste regulamento recolle:

  • Dereito a permiso retribuido de ata 4 horas para exercer o dereito ao voto.
  • Dereito de ata 4 horas da xornada laboral para a remisión do voto por correo.
  • O persoal nomeado presidente/a, vogal ou interventor/a disporá de un permiso retribuido de xornada completa e a unha reducción da súa xornada de traballo de 5 horas o día inmediatamente posterior.
  • Os/As apoderados/as terán dereito a un permiso retribuido durante o día da votación.
  • O persoal que se presente como candidato/a ás eleccións municipais, previa solicitude, poderá ausentarse do seu servizo durante a campaña electoral.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...