Novas por contido

Días atrás denunciabamos o retraso no cobro das nóminas do persoal da Xunta de Galiza xa que nesas datas son moitas as persoas que teñen xa domiciliado o pagamento de recibos ou débedas, ocasionándolles gastos en concepto de descubertos.

As entidades bancarias e caixas só nos poden cobrar uns céntimos polos descubertos, serían os intereses que teñan pactados nos seus contratos, xa que os días e as cantidades son irrisorias.

Se vos cobran polo concepto "Gastros reclamación saldo deudor", sabede que o servizo de reclamacións do Banco de España considera:

1) Que esa reclamación ten que ser feita de maneira "fehaciente" ou sexa por burofax, carta certificada, etc... non lles serve que che envíen unha carta automatizada que normalmente chega 15 días despois de que teñas xa saneada a conta. Normalmente as entidades cobran unha media de 30 euros por dita reclamación, que en teoría serían para pagar os gastos do burofax ou sistema semellante

2) O Banco de España considera o cobro deste concepto como unha mala práctica bancaria.

Podedes reclamar primeiro de palabra na vosa oficina, se non vos fan caso, facédeo no servizo de atención do cliente (SAC) e levades un escrito explicando o tema e con copias dos movementos e cargos, e que vos poñan un selo na vosa oficina bancaria. Non o fagades no "defensor do cliente", xa que esas queixas logo non quedan rexistradas no Banco de España, e no SAC si quedan polo que lles vai doer máis.

Se en 2 meses non resolven entón temos que reclamar ante o Banco de España (BDE) e nos darán a razón.

Podedes consultar a procedemento aquí (concretamente na páxina 80).

Agardamos que esto vos poida ser de utilidade a todos os compañeiros e compañeiras e evitar que os bancos e caixas nos rouben un pouquiño menos.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...