O 5 de maio tivo lugar co director xeral da Función Pública unha xuntanza informativa na que se nos deron unhas pinceladas sobre os seguintes asuntos: concursos de corpos xerais, concurso de corpos especiais e decreto de funcións e concurso de persoal veterinario.

Concurso de Traslados de Corpos Xerais
Mantén a idea de que se convoque neste semestre e que haxa ao redor de 500 prazas. En principio non está contemplado que non haxa resultas. Esa sería unha posibilidade que só a valoraba no caso de existir un concurso aberto ou cunha periodicidade menor á anual.

Concurso corpos especiais e escalas.
Existía o compromiso de poñelo en marcha este semestre pero Función Pública di que ata que non dispoñan das novas RPT's non vai sair.

Persoal Veterinario
O concurso está pendente das RPT's. Están casi ultimadas as de Medio Rural e Sanidade pero ainda falta a do Mar.
Decreto de funcións: aínda non existe un borrador definitivo; pensan que estará listo en breve e nolo enviará para facer alegacións e levalo á mesa de negociación.
Sobre os fragmentos de RPT de persoal veterinario que circulan por aí, din que de Función Pública non saíron.