A CIG esixiulle días atras a Función Pública que se sente a negociar as bases do concurso de traslados dos grupos I ao IV e o decreto que regula os procesos de consolidación, pois non hai nada que impida facelo xa. Hai que recordar que debido a que a resolución dos concursos, procesos de consolidación e toma de posesión provisional da OEP 2005 están condicionados a que se resolvan de xeito simultaneo, o atraso nun destes procesos provocaría o atraso en todos.

Ante este requerimento Función Pública vén de perfilar o seu cronograma e anunciarnos que:

  • Decreto de Consolidación: negociarase antes do verán.
  • Bases do concurso de traslados do resto dos grupos: no segundo semestre deste ano.
  • Resolución simultánea do concurso e consolidación do grupo V: antes de finalizar o ano.