Novas por contido

No web da FSP-UGT de Pontevedra aparece un curioso titular que di: A CIG MINTE: NESTE CASO A MENTIRA TEN QUE VER CO TEMA DAS AXENCIAS. E para ilustrar semellante tontería nos remiten a acta dunha xuntanza coa CMATI sobre a creación da Axencia Galega de Infraestruturas onde a CIG di: "Expresa a súa felicitación á consellaría pola nova proposta, sinalando que non están en contra da existencia da Axencia, sempre que este integrada por persoal laboral e funcionario da Xunta."

O que non menciona UGT é que na mesma acta, xusto enriba dese texto referido, a Administración expón os cambios que acepta da Axencia Galega de Infraestructuras:


  1. Desaparece o persoal propio da Axencia.
  2. Estará integrada por persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, non da Axencia.
  3. Elimínase a referencia á listas de contratación propias: chamarán ao persoal polas listas da Xunta.
  4. O persoal laboral temporal da Xunta que pase á Axencia seguirá mantendo esa condición inicial.
  5. O persoal funcionario interino que pase a Axencia seguirá mantendo esa condición e non a perderá como dicía o texto orixinal.


Por principio, a CIG non está en contra das Axencias, senon dalgún modelo delas, precisamente este modelo asinado entre PP, CCOO, UGT e CSIF que permite que o persoal das axencias perdan o vínculo con Función Pública. A Axencia Tributaria é unha axencia. A Axencia para a Protección da Legalidade Urbanística é tamén unha axencia que non ten persoal propio, que utiliza as listas de contratación da Xunta, etc. E a CIG non ten nada en contra dese modelo, 100% público, e 100% con persoal de función pública que non perde o seu vínculo orixinal.

A raiz do problema é a LOFAXGA, lei co voto a favor de UGT, CCOO e CSIF, que nos obriga a loitar cada vez que a administración pretende crear unha nova axencia.

  1. Teñen persoal propio.
  2. Contratarán a persoal a través das súas propias listas de contratación.
  3. Terán Convenio Colectivo propio.


A creación da Axencia Galega de Servizos Sociais se vai rexer polo modelo aprobado na LOFAXGA por estes 3 sindicatos e o PP:

  1. Vai ter persoal propio.
  2. Vai ter listas de substitucións propias.
  3. Vai ter Convenio Colectivo propio.


E isto implica:

  • Non se van crear prazas de persoal da Xunta. O persoal propio sae máis barato e polo tanto as prazas de limpadora, camareira limpadora, ordenanza, coidadora, etc. que se creen serán como persoal propio.
  • O persoal temporal vai ser contratado pola Axencia en condicións laborais misérrimas e prescindindo das listas da Xunta.
  • O sistema de libranzas e permisos, as carteleiras, garantidas polo V Convenio as van intentar tumbar pois a secretaria xeral de Traballo xa dixo que eran unha lata.
  • Isto significa na práctica a PRIVATIZACIÓN do sistema actual.


Agora a UGT se apunta ao carro de dicir non as Axencias. Nos congratulamos de que o faga sabendo que se opoñen ao modelo de Axencias que axudaron a crear eles mesmos dándolle o voto a favor na Comisión de Persoal do 4 de agosto de 2010 xunto co PP, CCOO e CSIF a un modelo de axencias con persoal, listas e convenio propio.

Esta gracia de UGT, CCOO, e CSIF nos leva a que cada vez que a Xunta crea unha Axencia temos que loitar porque supriman dos Estatutos estas referencias. O panorama non é nada alentador, e máis si a privatización dos Servizos Sociais a través da fórmula da Axencia Galega de Servizos Sociais conta co apoio cómplice de UGT, CCOO e CSIF.

E agora pensa? Queres un Axencia con persoal propio onde perigue o teu posto de traballo, os teus dereitos, o teu salario, como o proposto na LOFAXGA que aprobaron UGT, CCOO e CSIF, ou queres un modelo de Servizos Sociais Públicos integrado 100% por persoal laboral e funcionario da Xunta?

Outras novas recentes

Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos. De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta. Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter...
Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...
Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...