O día 19 realizáronse as eleccións aos comités de empresa da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo, Ourense e Pontevedra. A CIG consolídase como a forza maioritaria obtendo 20 delegados e gañando as eleccións en Lugo e Ourense. As eleccións ao comité de empresa de Traballo e Benestar da provincia da Coruña realizaranse o vindeiro mércores 15 de xuño.

 Os resultados son os seguintes:


CIG

CCOO

UGT

CSIF

INDEP

LUGO

7

3

6

4

1

OURENSE

7

5

4

1


PONTEVEDRA

6

5

7

5


TOTAL

20

13

17

10

1

A CIG quere agradecer a confianza depositada no noso proxecto por parte dos/as traballadores/as desta Consellería, sabendo que se aproximan tempos difíciles nos que o Partido Popular vai querer implementar a súa política de privatizacións baixo a fórmula de externalizar servizos complementarios nalgúns centros, especialmente das áreas non sanitarias (cociñas, vixianza e ordenanzas), privatizar enteiramente outros centros (Souto de Leixa, centros de menores, etc) e integrar o resto na Axencia Galega de Servizos Sociais con persoal propio fóra do Convenio Colectivo.

Estes resultados significan tamén un aval ao V Convenio Colectivo, que está no punto de mira da Consellería e que é un impedimento para o estabelecemento da Axencia.

Temos un longo camiño que percorrer, no que vai ser fundamental o papel activo de todos/as traballadores/as na mobilización e defensa duns Servizos Sociais 100% Públicos.